A Eira

Sociedade cooperativa galega

Conexión e comunidade

Que é
A Eira?

A eira s.coop galega é unha cooperativa de iniciativa social situada na Costa da Morte, que nace co firme propósito de xerar un impacto positivo na nosa comunidade.
Cremos no poder da educación, o deseño e os programas socioeducativos como motores de cambio para contribuír ao desenvolvemento e benestar da nosa contorna.
Apostamos tamén polo deseño web como ferramenta para axudar a chegar as empresas da zona a calquera rincón do mundo.

A Eira é no rural galego o lugar onde pasa todo, onde se xoga e se fan festas, tamén onde se traballa conxuntamente coa comunidade e se saúda ao veciño; é dicir, o lugar onde se produce a socialización e o traballo colaborativo dunha comunidade.

Axendas

Que facemos?

Web e redes

Creación de solucións dixitais que reflictan a identidade das persoas e organizacións da nosa comunidade, levando o noso bo facer máis alá das nosas fronteiras.

Educación

Ofrecemos formacións en diversas áreas (tecnoloxía, igualdade, convivencia…) e para distintas idades, así como terapias individualizadas na área de psicopedagoxía.

Proxectos socioeducativos

Promovemos proxectos educativos e de intervención social que fomenten a inclusión, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento persoal e profesional.

Os nosos proxectos

Se precisas unha páxina web, unha tenda online ou un blogue, este ó teu lugar!

Aquí encheremos a túa mochila de recursos para aprendizaxes significativas

Se estás buscando traballo ou traballadores/as, este é o teu espazo.

Quen somos

Carina Mouzo

Educadora social e psicopedagoga

Acompaño persoas, grupos e comunidades para que desenvolvan todo o seu potencial.

Óscar Rodríguez

Deseñador web

Levo a túa historia ao mundo dixital, conectando a túa esencia cos teus clientes/as.

Información sobre os envíos nestas días

Por mor da alta demanda actual, os prazos de entrega poden ser superiores aos habituais.

Recomendamos realizar os pedidos con antelación.

Moitas grazas polo apoio e a paciencia.