Na eira de aeira s.coop galega, atoparás un espazo onde xuntas medraremos e compartiremos coñecemento, como sempre se fixo na aldea.
Quen se une a nós consegue ferramentas reais para crecer en cada etapa da vida, desde a infancia ata a terceira idade.
Axudámosche a descubrir o mellor de ti, a desenvolver o teu potencial e a aprender a usar a tecnoloxía de forma responsable. Tanto se buscas orientación para o teu futuro, como se queres fortalecer as túas capacidades ou simplemente seguir aprendendo, estamos aquí para acompañarte neste camiño.
Como psicopedagoga, creo profundamente que cada persoa ten un potencial único, a miña misión é axudarlle a descubrilo e desenvolvelo, brindándolle apoio, ferramentas e espazos onde poida medrar e avanzar ó seu propio ritmo, superando retos e construíndo un futuro cheo de posibilidades.
Que podo facer por ti?
Diagnóstico e intervención psicopedagóxica
Crearemos xuntas un plan que che axude a aprender de forma cómoda e segura, confiarás máis en ti!
Orientación vocacional e laboral
Descubriremos xuntos o teu camiño profesional, e marcaresmos un plan para que acades os teus obxectivos profesionais.
Estimulación cognitiva
Reforzaremos as habilidades cognitivas. Avanzaremos de forma cómoda e adaptada superando as dificultades que se presentan.
Educación familiar
Analizaremos a situación e exploraremos prácticas que melloren a comunicación e o entendemento, así como o benestar de todos os membros da familia.
Queres saber máis sobre min?
Carina Mouzo
Educadora social e psicopedagoga
Acompaño persoas, grupos e comunidades para que desenvolvan todo o seu potencial.