Envío por 3,99 € (gratuito a partir de 40€)

A Eira

Sociedade cooperativa galega

Mochila educativa

Que é
A Mochila?

A Mochila Educativa é un proxecto galego que ofrece recursos e apoio educativo e social para nenos, nenas, familias e profesionais, combinando formación, orientación e acompañamento personalizado en todas as etapas da vida.

Tamén creamos materiais propios, como a nosa Axenda Escolar Galega ou material de repaso para o verán, e compartimos contidos útiles para familias e docentes.

A mochila representa todo aquilo que levamos connosco ao longo da vida: aprendizaxes, vivencias, ferramentas, emocións e experiencias.

É o lugar onde gardamos o que imos precisando no camiño da educación e do crecemento persoal.

Que facemos?

Axenda escolar galega

Axendas escolares en galego que integran planificación, técnicas de estudo e educación emocional, reforzando a identidade e o benestar nas aulas.

Cadernos de verán

Cadernos de verán en galego que combinan aprendizaxe, técnicas de estudo e educación emocional, para seguir medrando dun xeito lúdico, consciente e organizado.

Formación e asesoramento

Formación e asesoramento online para familias, profesionais e centros educativos, con enfoque práctico, emocional e inclusivo para acompañar os retos da educación.

Quen somos

Carina Mouzo

Educadora social e psicopedagoga

Acompaño persoas, grupos e comunidades para que desenvolvan todo o seu potencial.

Natalia Rodríguez Martínez

Mestra de Primaria e Tec. Educación Infantil

Acompaño aos nenos e nenas para que descubran, exploren e desenvolvan o seu potencial.