A eira s.coop galega é unha cooperativa de iniciativa social situada na Costa da Morte, que nace co firme propósito de xerar un impacto positivo na nosa comunidade.
Cremos no poder da educación, o deseño e os programas socioeducativos como motores de cambio para contribuír ao desenvolvemento e benestar da nosa contorna.
Apostamos tamén polo deseño web como ferramenta para axudar a chegar as empresas da zona a calquera rincón do mundo.
Creación de solucións dixitais que reflictan a identidade das persoas e organizacións da nosa comunidade, levando o noso bo facer máis alá das nosas fronteiras.
Ofrecemos formacións en diversas áreas (tecnoloxía, igualdade, convivencia…) e para distintas idades, así como terapias individualizadas na área de psicopedagoxía.
Promovemos proxectos educativos e de intervención social que fomenten a inclusión, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento persoal e profesional.
Acompaño persoas, grupos e comunidades para que desenvolvan todo o seu potencial.
Levo a túa historia ao mundo dixital, conectando a túa esencia cos teus clientes/as.