Envío por 3,99 € (gratuito a partir de 40€)

Última actualización: 4 de xuño de 2025

1. Información xeral da empresa

Este sitio web é propiedade de A EIRA S. COOP GALEGA, con NIF F19469972. Inscrita no Rexistro de Cooperativas da Coruña co número 1740-C

Enderezo social: R/Est. Aut. Galicia, nº 26, Portal 2, 5º D. 15270. Cee. A Coruña
Correo electrónico: info@anosaeira.es
Web: https://anosaeira.es/

2. Produtos

As axendas escolares ofrécense descritas coa maior precisión posible. As imaxes poden variar con respecto ao produto real debido a diferenzas de pantalla ou impresión.

Reservámonos o dereito de modificar ou retirar produtos sen aviso previo.

3. Prezos e formas de pagamento

Todos os prezos están en euros (€) e inclúen o IVE correspondente.

Os métodos de pagamento dispoñibles son:
– Tarxeta de crédito
– Pagamento en man (para recollida local)

O pedido considerarase confirmado unha vez recibido o pagamento. Non se enviará ningún produto sen a confirmación do mesmo.

4. Envíos

Os envíos realízanse unicamente dentro da península.

Unha vez confirmado o pagamento, o pedido será preparado e enviado nun prazo de 1 a 5 días laborables. A entrega estimada realizarase en 3 a 10 días laborables.

O custo do envío aparecerá indicado antes de finalizar a compra. Poderán aplicarse condicións especiais para pedidos de gran volume.

5. Devolucións e reembolsos

O cliente pode desistir da compra no prazo de 14 días naturais desde a recepción do pedido, sempre que:
– O produto non fora usado.
– Se devolva na súa embalaxe orixinal e en perfecto estado.

Para exercer este dereito, contacta connosco por correo electrónico.

O reembolso efectuarase no prazo máximo de 14 días naturais desde a recepción do produto devolto, utilizando o mesmo método de pagamento empregado na compra.

6. Propiedade intelectual

Todo o contido desta web (textos, imaxes, deseños, logotipos) pertence a A EIRA S. COOP GALEGA ou aos seus respectivos titulares.

Prohíbese a súa reprodución total ou parcial sen autorización expresa.

7. Privacidade e protección de datos

Os datos persoais serán tratados conforme ao Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018.

– Finalidade: xestión de pedidos, comunicación co cliente e envío de información relevante.
– Conservación: os datos conservaranse polo tempo necesario para cumprir coas obrigas legais.
– Cesións: non se cederán datos a terceiros agás por obrigas legais ou servizos loxísticos.

Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición escribindo a info@anosaeira.es.

9. Lexislación aplicable e xurisdición

Estes termos réxense pola lexislación española.

En caso de conflito, as partes someteranse aos tribunais do domicilio do consumidor.