PACK GRATUÍTO DE ORGANIZACIÓN ESCOLAR 2026–2027

0,00  IVA incluido

Pack gratuíto de organización escolar 2026-2027 con calendario anual, calendarios mensuais e planificador semanal imprimible.

Un recurso práctico para ter á vista exames, tarefas, entregas, festivos e outras datas importantes, e organizar cada semana tendo en conta o horario escolar, as actividades extraescolares e o tempo dispoñible.

Inclúe un exemplo de planificación e follas reutilizables para imprimir en A4 ou A3 durante todo o curso.

Descontos por volume

Cantidade mínima Cantidade máxima Desconto
5 15 5%
16 30 10%
31 50 15%
51 200 20%
Categoría:

Descripción

Este pack gratuíto de organización escolar 2026-2027 está pensado para axudar ao alumnado e ás familias a ter unha visión clara do curso, anticipar datas importantes e aprender a distribuír mellor o tempo de estudo, as tarefas e as actividades da semana.

Inclúe calendario escolar anual, calendarios mensuais de setembro a xuño e un planificador semanal imprimible, para poder traballar a organización desde unha visión máis xeral ata a planificación concreta de cada semana.

Primeiro: ter o curso e o mes sempre á vista

O calendario anual permite consultar rapidamente os períodos lectivos, vacacións e días non lectivos do curso 2026-2027.

Os calendarios mensuais están pensados para imprimir e colocar nun lugar visible da zona de estudo. Neles pódense ir anotando:

  • exames e probas;
  • entregas de traballos;
  • tarefas importantes;
  • actividades e saídas;
  • aniversarios;
  • citas;
  • festivos e días non lectivos;
  • outras datas que sexa importante lembrar.

Ter o mes completo á vista axuda a anticiparse ao que vén, detectar semanas con máis carga de traballo e evitar deixar tarefas ou estudo para o último momento.

Despois: organizar cada semana

A partir do calendario mensual e do horario habitual de cada alumno/a, o planificador semanal permite decidir cando facer cada cousa.

O primeiro paso é anotar ou marcar os horarios que xa están ocupados: horario de tarde, actividades extraescolares, deporte, clases particulares ou outros compromisos habituais.

Pódense sombrear en gris estes espazos fixos para identificar rapidamente que tempo queda realmente dispoñible durante a semana.

A continuación, na parte superior do planificador, anótanse os exames, traballos, entregas ou tarefas importantes de cada día.

Con toda esa información á vista, xa se pode repartir o traballo ao longo da semana: deberes, repaso, preparación de exames, elaboración de traballos ou outras tarefas. Tamén é importante reservar tempo para actividades, descanso e lecer.

O obxectivo non é ocupar todas as horas, senón aprender a responder a unha pregunta moi concreta:

Que teño que facer esta semana e cando vou facelo?

Na parte inferior hai ademais dous espazos para anotar tarefas, notas ou cuestións importantes da semana actual e para anticipar aquilo que xa sabemos que teremos que facer a semana seguinte.

Inclúe un exemplo para aprender a utilizalo

A primeira páxina do planificador está cuberta como exemplo para mostrar unha posible forma de utilizalo: horarios ocupados, actividades extraescolares, exames, traballos, estudo, deberes e tamén tempo libre.

As seguintes páxinas están en branco para que cada alumno/a poida adaptalas á súa propia realidade.

Recomendamos imprimir esas dúas páxinas a dobre cara, de maneira que nunha única folla se poidan consultar dúas semanas consecutivas. Así pódese ter unha visión quincenal e, ao mesmo tempo, reducir o consumo de papel.

O planificador pode imprimirse tantas veces como sexa necesario e manterse sempre na mesa ou na zona habitual de estudo como material de traballo.

Un sistema sinxelo para organizarse mellor

A proposta é utilizar os recursos de maneira complementaria:

Calendario anual → para ter unha visión xeral do curso.

Calendario mensual → para visualizar todo o importante dese mes.

Horario escolar e extraescolar → para identificar o tempo xa ocupado.

Planificador semanal → para decidir cando realizar tarefas, estudar, preparar exames ou traballos e organizar tamén o tempo persoal.

Deste xeito, o alumnado non só anota o que ten que facer, senón que aprende pouco a pouco a anticipar, priorizar, repartir tarefas e xestionar o seu propio tempo con maior autonomía.

Que inclúe a descarga?

  • Calendario escolar anual 2026-2027.
  • Calendarios mensuais de setembro a xuño.
  • Espazo para anotar exames, tarefas e outras datas importantes.
  • Planificador semanal de estudo e organización.
  • Exemplo práctico de planificación semanal.
  • Follas de planificación para imprimir e reutilizar durante todo o curso.

Un recurso pensado para imprimir en A4 ou A3, colocar na zona de estudo e utilizar durante todo o curso como apoio á organización escolar.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “PACK GRATUÍTO DE ORGANIZACIÓN ESCOLAR 2026–2027”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *