Descripción
Axenda NEE – Para acompañar o día a día con apoio, estrutura e cariño
A Axenda NEE está especialmente deseñada para nenos e nenas con necesidades educativas especiais, ofrecendo unha ferramenta visual, estruturada e adaptada á súa realidade diaria.
Dividida por trimestres para facilitar o seu uso e evitar exceso de peso na mochila, cada axenda trimestral conta con aprox. 115 páxinas en formato A5, co espazo necesario para recoller o que ocorre ao longo da xornada escolar e familiar.
Pensada para favorecer a comunicación e o seguimento do alumnado con NEE, facilita o traballo emocional, a anticipación e a coordinación entre todos os axentes implicados.
Contido adaptado e funcional
✅ Formato día por páxina, con estrutura horaria para anotar que se fai en cada momento
✅ Espazo para nomes e fotos da familia, profesorado e compañeiros/as
✅ Calendario escolar galego 2025–2026, claro e visual
✅ Educación emocional, con rexistro diario de como se senten nas distintas horas do día
✅ Actividades do fin de semana, para compartir experiencias e conectar escola e casa
✅ Espazo específico para a terapeuta, favorecendo a coordinación co equipo docente
✅ Trimestres separados, unha axenda por trimestre para facilitar o manexo e reducir o peso
Un recurso útil, coidado e en galego para acompañar, comprender e organizar o día a día do alumnado con necesidades educativas especiais.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.