Envío por 3,99 € (gratuito a partir de 40€)

Última actualización: 4 de xuño de 2025

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmaselle do seguinte:

1. Responsable do tratamento

  • Responsable: A EIRA S. COOP GALEGA
  • CIF: F19469972
  • Enderezo: R/Est. Aut. Galicia, nº 26, Portal 2, 5º D. 15270. Cee. A Coruña
  • Correo electrónico: info@anosaeira.es

2. Finalidade do tratamento dos datos

Tratamos os datos persoais que nos facilites coas seguintes finalidades:

  • Xestionar e tramitar os teus pedidos a través da tenda en liña.
  • Comunicar información relacionada cos teus pedidos.
  • Enviar comunicacións comerciais (previa aceptación expresa).
  • Xestionar consultas ou solicitudes recibidas a través dos formularios de contacto.

Non se realizarán tratamentos automatizados nin elaboración de perfís con fins comerciais.

3. Lexitimación

A base legal para o tratamento dos teus datos é:

  • A execución dun contrato de compra.
  • O cumprimento de obrigas legais.
  • O teu consentimento explícito para o envío de comunicacións comerciais (cando proceda).

4. Conservación dos datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse:

  • Durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron solicitados.
  • Durante os prazos legais de conservación (fiscais, contables ou comerciais).
  • Ou ata que solicites a súa supresión.

5. Destinatarios

Non se cederán datos a terceiros, agás:

  • Por obrigas legais.
  • A provedores de servizos (transportes, plataformas de pago…) cando sexa necesario para prestar o servizo contratado.

En todo caso, garantiremos que estes terceiros cumpran coas obrigas do RXPD.

6. Dereitos das persoas usuarias

Poderás exercer os seguintes dereitos en calquera momento:

  • Acceso: coñecer que datos teus tratamos.
  • Rectificación: modificar datos incorrectos ou incompletos.
  • Supresión: solicitar a eliminación dos teus datos cando xa non sexan necesarios.
  • Limitación: restrinxir temporalmente o tratamento.
  • Oposición: opoñerte a determinados tratamentos, como o envío de publicidade.
  • Portabilidade: recibir os teus datos nun formato estruturado, de uso común.

Para exercelos, deberás enviar unha solicitude xunto cunha copia do teu DNI a: info@anosaeira.es

Tamén podes presentar unha reclamación diante da Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

7. Medidas de seguridade

A EIRA S. COOP GALEGA comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda ou acceso non autorizado.