Descripción
📘 Axenda Rapaciña – A axenda que medra con eles e elas
A Axenda Rapaciña está deseñada especialmente para nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria, nun momento clave no que comezan a asumir máis autonomía, responsabilidades e tarefas escolares. Cunha estrutura clara, práctica e visual, esta axenda convértese nunha compañeira perfecta para organizar o curso con confianza.
Feita en galego e elaborada por profesionais da educación (mestra e psicopedagoga), responde ás necesidades reais do alumnado e das familias, cun enfoque que une funcionalidade, educación emocional e hábitos saudables.
✏️ Contido educativo e útil para o día a día
Inclúe todo o que ofrece a Axenda Cativiña, e ademais incorpora seccións adaptadas á idade:
-
📆 Calendario anual, mensual e semanal (curso 2025-2026) acorde ao calendario escolar galego
-
🕘 Horario de extraescolares para organizar tardes e actividades
-
🛒 Lista de material escolar: o que precisan levar ao cole
-
🧠 Técnicas de estudo explicadas de forma sinxela e visual
-
😌 Tips de xestión emocional: consellos prácticos para recoñecer e xestionar sentimentos
-
✅ Rastreador de hábitos saudables (estudo, lectura, agradecemento…)
-
📌 Espazo para apuntar as notas ao final de cada trimestre
-
📖 Lista de lecturas do ano
-
🚌 Anotacións para saídas e excursións
-
🗒️ Espazo para notas, avisos e recordatorios importantes
- 💬 Frases motivadoras repartidas ao longo da axenda
🌟 Por que elixir a Axenda Rapaciña?
-
📘 En galego, co noso calendario escolar
-
🧠 Promove a organización, a reflexión e a autoestima
-
✍️ Facilita a planificación semanal e a autonomía
-
🎯 Adaptada á etapa de 3º a 6º de Primaria
-
🎨 Personalizable, tamén dispoñible con portada personalizada
A Axenda Rapaciña é moito máis que un caderno: é unha guía para acompañar aos rapaces e rapazas na súa aprendizaxe, nas emocións e nos hábitos que lles axudarán a medrar día a día.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.