A Mochila Educativa é un proxecto galego que ofrece recursos e apoio educativo e social para nenos, nenas, familias e profesionais, combinando formación, orientación e acompañamento personalizado en todas as etapas da vida.
Tamén creamos materiais propios, como a nosa Axenda Escolar Galega ou material de repaso para o verán, e compartimos contidos útiles para familias e docentes.
A mochilarepresenta todo aquilo que levamos connosco ao longo da vida: aprendizaxes, vivencias, ferramentas, emocións e experiencias.
É o lugar onde gardamos o que imos precisando no camiño da educación e do crecemento persoal.
Que facemos?
Axenda escolar galega
Axendas escolares en galego que integran planificación, técnicas de estudo e educación emocional, reforzando a identidade e o benestar nas aulas.
Cadernos de verán
Cadernos de verán en galego que combinan aprendizaxe, técnicas de estudo e educación emocional, para seguir medrando dun xeito lúdico, consciente e organizado.
Formación e asesoramento
Formación e asesoramento online para familias, profesionais e centros educativos, con enfoque práctico, emocional e inclusivo para acompañar os retos da educación.
Quen somos
Carina Mouzo
Educadora social e psicopedagoga
Acompaño persoas, grupos e comunidades para que desenvolvan todo o seu potencial.