Última actualización: 4 de xuño de 2025
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmaselle do seguinte:
1. Responsable do tratamento
- Responsable: A EIRA S. COOP GALEGA
- CIF: F19469972
- Enderezo: R/Est. Aut. Galicia, nº 26, Portal 2, 5º D. 15270. Cee. A Coruña
- Correo electrónico: info@anosaeira.es
2. Finalidade do tratamento dos datos
Tratamos os datos persoais que nos facilites coas seguintes finalidades:
- Xestionar e tramitar os teus pedidos a través da tenda en liña.
- Comunicar información relacionada cos teus pedidos.
- Enviar comunicacións comerciais (previa aceptación expresa).
- Xestionar consultas ou solicitudes recibidas a través dos formularios de contacto.
Non se realizarán tratamentos automatizados nin elaboración de perfís con fins comerciais.
3. Lexitimación
A base legal para o tratamento dos teus datos é:
- A execución dun contrato de compra.
- O cumprimento de obrigas legais.
- O teu consentimento explícito para o envío de comunicacións comerciais (cando proceda).
4. Conservación dos datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse:
- Durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron solicitados.
- Durante os prazos legais de conservación (fiscais, contables ou comerciais).
- Ou ata que solicites a súa supresión.
5. Destinatarios
Non se cederán datos a terceiros, agás:
- Por obrigas legais.
- A provedores de servizos (transportes, plataformas de pago…) cando sexa necesario para prestar o servizo contratado.
En todo caso, garantiremos que estes terceiros cumpran coas obrigas do RXPD.
6. Dereitos das persoas usuarias
Poderás exercer os seguintes dereitos en calquera momento:
- Acceso: coñecer que datos teus tratamos.
- Rectificación: modificar datos incorrectos ou incompletos.
- Supresión: solicitar a eliminación dos teus datos cando xa non sexan necesarios.
- Limitación: restrinxir temporalmente o tratamento.
- Oposición: opoñerte a determinados tratamentos, como o envío de publicidade.
- Portabilidade: recibir os teus datos nun formato estruturado, de uso común.
Para exercelos, deberás enviar unha solicitude xunto cunha copia do teu DNI a: info@anosaeira.es
Tamén podes presentar unha reclamación diante da Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
7. Medidas de seguridade
A EIRA S. COOP GALEGA comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda ou acceso non autorizado.