Axenda NEE Primaria (2º e 3º Trimestre)

Rango de precios: desde 8,00 € hasta 12,00 € IVA incluido

Axenda en galego de 115 páxinas, tamaño A5, especialmente deseñada para alumnado con necesidades educativas especiais. Con formato día por páxina, rexistro emocional por horas, calendario escolar e espazo para a coordinación entre escola, familia e terapeutas. Funcional, visual e adaptada ao seu día a día.

Descontos por volume de pedido. Consulta para MÁIS INFORMACIÓN (WhatsApp 686.812.315)

Descontos por volume

Cantidade mínima Cantidade máxima Desconto
5 15 5%
16 30 10%
31 50 15%
51 200 20%
SKU: N/D Categoría:

Descripción

Axenda NEE – Para acompañar o día a día con apoio, estrutura e cariño

A Axenda NEE está especialmente deseñada para nenos e nenas con necesidades educativas especiais, ofrecendo unha ferramenta visual, estruturada e adaptada á súa realidade diaria.

Dividida por trimestres para facilitar o seu uso e evitar exceso de peso na mochila, cada axenda trimestral conta con aprox. 165 páxinas en formato A5, co espazo necesario para recoller o que ocorre ao longo da xornada escolar e familiar.

Pensada para favorecer a comunicación e o seguimento do alumnado con NEE, facilita o traballo emocional, a anticipación e a coordinación entre todos os axentes implicados.


Contido adaptado e funcional

Formato día por páxina, con estrutura horaria para anotar que se fai en cada momento

Espazo para nomes e fotos da familia, profesorado e compañeiros/as

Calendario escolar galego 2025–2026, claro e visual

Educación emocional, con rexistro diario de como se senten nas distintas horas do día

Actividades do fin de semana, para compartir experiencias e conectar escola e casa

Espazo específico para a terapeuta, favorecendo a coordinación co equipo docente

Trimestres separados, unha axenda por trimestre para facilitar o manexo e reducir o peso


Un recurso útil, coidado e en galego para acompañar, comprender e organizar o día a día do alumnado con necesidades educativas especiais.

Información adicional

Color

Branco e negro, Color

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Axenda NEE Primaria (2º e 3º Trimestre)”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *